“Cesteando” é un documental que propón unha reflexión contemporánea sobre a desaparición do medio rural e dos seus valores, pondo o foco na vida de Toño, un cesteiro que vive nunha aldea na serra do Leboreiro. Este filme propón unha reconsideración sobre esta realidade  a través da biografía deste artesán que resiste, cun estilo de vida  que, dentro dos parámetros actuais, pódese considerar alternativo, pero que  en realidade non consiste mais que en intentar seguir as pautas que inspiraron a cultura tradicional durante moitos anos. O contexto é a Galicia interior, a Baixa Limia-Leboreiro.

DIRECCIÓN: Placido Romero
ELENCO: Toño do Val, Benito, Friedrich Bramsteidl, Carmen da Aira, Matteo Bertolini, dibuxantes de “Bosquexo”, Adolfo González, Sira, Ramón da Merca, e outros…