Un pozo moi fondo pretende ser unha guía útil para as familias, os docentes, e os propios doentes, para saber como enfrontarse aos trastornos da conduta alimentaria. Nunha linguaxe clara e accesible a todo o mundo, o doutor Iglesias Diz, especialista recoñecido neste tipo de cuestións, fainos ver cando nos debemos alarmar diante de determinados comportamentos e como recoñecer os síntomas que anuncian a aparición da enfermidade, ao tempo que nos ofrece estratexias para desde a casa, a escola, os medios de comunicación, etc., abordar esta espiñenta cuestión coa seguridade de que estamos a facer o correcto.

Anorexia e bulimia son xa dous termos que nos remiten a unha das máis terribles pragas destes tempos que andamos a vivir. Quen entra nelas entra nun pozo moi fondo. Pozo do que é posible sair.