Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 1 está desconcertado porque o corpo do seu dono xace morto na rúa. O vehículo de emerxencias, a policía, o forense e a titular do Xulgado número 3 están a carón do cadáver, que o observa todo. Nos informativos dábanse detalles da Operación Táchira que debían estar baixo segredo de sumario. Ao tempo, un xornalista que asina como Vagalume parece disposto a todo con tal de obter información. Que se agocha detrás da vida de cadaquén? Ten iso algo que ver co sentido ético? Os personaxes desta novela presentan distintos rostros dependendo da mirada. Pero a verdade acaba por aboiar se penetramos nos seus segredos