A publicación visibiliza a historia da asociación cubana Fillas de Galicia, xurdida en 1914 da necesidade de protexer á muller galega emigrada que chegou á illa e que congregou ata 58.000 socias no ano 1960. O autor, Julio César González, neto dunha » filla de Galicia», testemuña a memoria dunhas mulleres e duns homes que construíron Galicia desde a emigración, unhas persoas que, así mesmo, forman parte da historia de Cuba e do seu capital, A Habana, polas diversas iniciativas e institucións sociosanitarias que promoveron, entre as que destacan o hospital Fillas de Galicia, probablemente a primeira maternidade de América, no barrio habaneiro de Luyanó.