As vicisitudes de Marcos, un exalcólico divorciado, que descobre, nunha etapa crucial da súa vida, todos os detalles dun segredo familiar que atinxe ao seu avó materno Abel e que se remonta ao inicio da nosa desastrosa Guerra Civil(1936-39). Entre analepses e prolepses, Fariña mantén o suspense e ao lector pendente dos feitos até o desenlace inesperado que colle a un de improviso.