Cando se cumpre o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, lembralo xunto ao que foi durante cincuenta e seis anos un dos seus grandes amigos, Xosé Neira Vilas, supón sen dúbida un xesto de recoñecemento e gratitude con dúas figuras de referencia nacional na Galicia do século XX. Presenta a estas dúas figuras fundamentais da nosa cultura a través de dúas longas conversacións, nas que o autor analiza múltiples aspectos de ambas as dúas vidas.