Nesta terceira entrega , Catarina Barreiro asume un rol moi destacado , aínda que Manuel Peixoto continúa a ser o protagonista principal . A súa vida mudou moito . Tanto , que está moi descolocado , mais o que non mudou foi que continúa coa súa actividade profesional de investigador privado e a trama lévao , novamente , cara á serra do Suído para descubrir a existencia dun personaxe mítico e uns macabros imitadores …. E , por suposto , a cidade de Vigo segue a estar moi presente na trama como un personaxe máis .