Mauro goza dunha nenez fantástica,Inzada de soños, vive logo unha mocidade de dúbidas e desterro interior para, ao cabo, iniciar a madureza cunha espiral de tormentos e inseguridades. Cunha escritura que vai mudando desde o relato naturalista á memoria esnaquizada, Xavier Queipo conta nesta novela a historia dunha vida marcada pola diferenza.

O seu protagonista, Mauro, xunta as forzas que lle quedan para vindicar unha experiencia que ninguén cre e liberarse dunha dúbida terrible que condiciona a súa existencia. Esta é a historia dun home engaiolado en si mesmo, dun deses ícaros que aprenden a voar ata a extenuación das forzas e da ilusión.

Unha novela para ler co corazón. Narrada cunha prosa precisa, coa tensión necesaria para deixar de lado a convención literaria e a estreitez existencial.