Dos cinco estudantes castigados nunha aula dun instituto, so catro saen con vida. Todos os superviventes teñen algo que agochar: Bronwyn, a alumna brillante que nunca rompeu un prato, Addy, a loura superficial, Nate, o traficante a pequena escala, e Cooper, o atleta. Simon, que desenvolveu unha app para móbiles na que divulga rumores sobre os seus compañeiros, morre na aula. Os catro superviventes convírtense en sospeitosos. Ou talvez so sexan cabezas de turco…