O texto desenrólase en terceira persoa, pero coa incursión de pasaxes dialogados e a presenza constante da comunicación epistolar entre Circe e Penélope. A novela e o tema, malia a súa inspiración clásica, resultan sorprendentemente actuais: o desencanto dunha muller (Penélope) co seu home (Ulises) e a apaixonada atracción doutra muller (Circe) cara a ese mesmo home. Malia todo, non existe triángulo amoroso como tal, xa que o que se impón dende o principio no texto é a especial relación entre as dúas mulleres, que representan a calquera muller de hoxe, e que por fin son quen de recuperar a presenza, a voz e o peso que a historia lles negou