Procura argumentos e estratexias para aproveitar as posibilidades que, tanto a adultos como a nenos, lles brinda a vida nunha comunidade bilingüe que se insire nunha Europa multilingüe e nun mundo cunha extraordinaria riqueza idiomática.
A aprendizaxe de idiomas, así, en plurarl, é algo para o que os nenos e nenas de todo o mundo están perfectamente capacitados e para o que nacen dotados dunhas aptitudes excepcionais que só é preciso desenvolver e aproveitar. Ao longo deste volume expóñense de maneira sinxela e clara os motivas polos que todos os habitantes de Galicia deberían ser competentes das dúas linguas oficiais da comundiade e empregar esa destreza como trampolín para adquirir outras o antes posible. Porque en cuestión de linguas o importante é sumar.