Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? Estas son algunhas das preguntas ás que responde A ciencia do día a día, un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira. Queres saber se un robot pode ter sentimentos? Queres saber por que estoupan os flocos de millo? Este libro explica, de xeito moi breve e sinxelo, moitos feitos da ciencia que nos acompañan na nosa vida diaria. Un libro para aprender… divertíndote.