Orlando emigrou a Barcelona, desde una aldea de LUgo, cando tiña catro anos. Durante toda a vida, arrrastra canda si ese desarraigo en tanto se enfronta aos problemas da súa propia vida.

Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso. » Shanghai a Barcelona » é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico.