Que pasaría se ousases dicir o que de verdade pensas?

Unha voz narrativa suxerente e audaz, chea de poesía e maldade, dálle voz a mulleres de nomes trabucados e a personaxes en crise. Rotundamente da nosa terra, con esas certezas innegables e complicadas que faíscan en forma de lóstregos e case non dan tempo de velo todo, pero arrepían. Os inesperados xiros entretecidos do libro presentan un conxunto de relatos dos que fan meditar e perduran no padal da memoria. Imprescindible!