As súas protagonistas son as nosas nais, avoas e bisavoas: esas mulleres bravas que tan a miúdo sostiveron ás súas familias nun século ben difícil. Trátase dunha ficción baseada en historias que escoitei ó longo da vida na aldea de miña nai. Quen foron as mulleres galegas que cosían a roupa que conquistou o mundo? Que soños gardaron os emigrantes que deixaron a aldea na procura de prosperidade? Unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recente

Madialeva é o primeiro título da colección ‘Mulleres Ilustradoras’, que propón banda deseñada con perspectiva de xénero.