Existe unha conexión con algunha das reportaxes que realizou ou coa súa recente separación? Quizais co accidente aereo no que estivo a piques de perder a vida? Ou coas chamadas de acoso que recibía nos últimos tempos? A inspectora Neira, que se encarga do caso a coñeceu a Catalina anos atrás, durante a investigación duns asasinatos en serie na Costa da Morte, sente que se acaba o tempo e que a vida da famosa xornalista depende dela.