En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras. Na cidade barco, que languidece tras perder o lustre do seu glorioso pasado de grandes estaleiros e insignes navegantes, don Honorio, enguedellados por com-pleto os seus pensamentos, congrega arredor de si un singular grupo de personaxes mentres procura o xeito de coller unha lancha na que poder cruzar a ría para asistir a unha verbena. A súa neta Paula corre desesperada no seu auxilio para ver de impedir que poida sufrir ningún dano. Entrementres, aga-chadas no falso anonimato do pe de páxina, dúas mulleres rexouban sen censura nin escrúpulos acer-ca de todo canto vai pasando.