Blog das Novidades - Biblioteca de Verín

Algunhos dos novos libros do fondo da biblioteca

Página 2 de 56

Medos, de Héctor Carré

Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos… Ás veces, temos medo daquilo que… Seguir leyendo →

As mellores tendas de Madrid, de Manuel Veiga Taboada

«As mellores tendas de Madrid» describe os primeiros anos da crise que se iniciou en 2008, cando a escala de valores da clase media semella a piques de estourar. A principal protagonista, Mónica, é unha empregada de banca tímida pero… Seguir leyendo →

O peso do cerebro, de Xesús Constela

En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras. Na cidade barco,… Seguir leyendo →

O baile dos estorniños, de Xabier Quiroga

Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao… Seguir leyendo →

Libres e vivas

Levan dicíndonolo dende que o ser humano está sobre a Terra. Que non queren ser vítimas. Mais tampouco escravas. Compañeiras. Iguais. Mulleres e homes nun mundo xusto en Igualdade. Sobre estes parámetros pedímoslle a dez escritoras de primeiro nivel das… Seguir leyendo →

Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán

A profesora e investigadora María Pilar García Negro examina, neste ensaio, o feminismo de Emilia Pardo Bazán, a súa actitude ante a lingua e literatura galegas ou o trato que dispensou a Rosalía de Castro; tamén, o xeito en que… Seguir leyendo →

A nena do vestido de flores, de Manuel Fontemoura

Dania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza… vaia, o normal. Mais quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger? Vaia palabra tan rara e tan mal… Seguir leyendo →

O retorno dos homes mariños, de Xurxo Souto

En «O retorno dos homes mariños» rescata un mito coruñes esquecido: «Çs veces teñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pes un pouco tortos por… Seguir leyendo →

La vida secreta de Úrsula Bas

Úrsula Bas, escritora de exito, lleva una vida aparentemente anodina en Santiago de Compostela. Un viernes de febrero sale de su casa para dar una charla en una biblioteca y no regresa. Su marido, Lois Castro, denuncia su desaparición al… Seguir leyendo →

Nus, de Manuel Gago

Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, manten unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os… Seguir leyendo →

« Artículos antiguos Artículos siguientes »

© 2022 Blog das Novidades – Biblioteca de Verín — pertenece a Biblioteca pública municipal de verín

Diseñado por Imaxinamais Studio Creativo by Javier FernándezIr arriba ↑